Usuario anónimo ¿Quieres tener tu propio blog?
Crear blog gratis en OboLog

ARTIGO DE OPINION SOBRE CALIDADE

jueves, 09 de marzo del 2006 a las 13:35
guardado en
CULTURA DE CALIDADE NO ENSINO

 

“Non nos atrevemos a facer moitas cousas porque son difíciles.
   Pero son difíciles porque non nos atrevemos a facelas”
Séneca.

 

Parece que o termo calidade está de moda: escoitamos falar acotío de calidade na dieta, televisión de calidade, calidade de vida e, como non, tamén ensino de calidade ou calidade no ensino. Dentro do noso contexto educativo, nas escolas e institutos, a expresión calidade educativa é unha das máis utilizadas no día a día, senón a que máis. Neste artigo, sen outra pretensión que non sexa servir de apoio á comunidade educativa con ganas de facer melloras, quero falar dunha cultura da calidade, entendida ésta como progreso e mellora continua. Mellora que non pode nin debe ir unida ao crecemento das desigualdades e discriminacións duns, con máis recursos, a outros menos favorecidos coa excusa da búsqueda dunha suposta excelencia. Non debemos esquecer que falamos de ensino público, de educación, e polo tanto, dun dos dereitos máis básicos e determinantes do ser humano.

É habitual utilizar entre nós o concepto de calidade como si todas e todos coñeceramos intuitiva pero perfectamente o que significa aínda que, un por un, non nos sexa moi fácil definilo nin moito menos, e máis importante, chegar a consensuar, mínimamente, o que significa para nós realmente no noso centro escolar. Seguro que cada unha das persoas do centro daría a súa propia e distinta definición do termo. Calidade entendida, simplemente, como intentar subir un peldaño máis e non quedarmos no que estamos, un pasiño máis, chegar un pouco máis adiante. Tamén podemos pensar que calidade é a desaparición ou minimización  daquilo que non funciona ben no noso centro, as non concordacias co establecido e deseñado nos proxectos. Indo máis alá, a calidade podemos definila como a capacidade que temos, como centro de ensino, de satisfacer os desexos dos nosos usuarios, sobre todo do alumnado, e de responder ás demandas do resto da comunidade: profesorado, familias, empresas, etc. Calidade, por suposto, como o grao no que o noso servizo educativo se adapta ás necesidades, expectativas e demandas dos nosos usuarios na nosa comunidade.Tamén como aqueles resultados obxectivos e medibles en función daquilo que pretendiamos conseguir. Número de titulados, porcentaje de aprobados, etc. Calidade entendida como un sistema de interacción entre as distintas partes: a suma de todos aqueles factores que fan que o alumnado aprenda con alegría, que as familias aproben o que se fai na escola, que o profesorado estea motivado e que a comunidade, en xeral, logre melloras a través das nosas actuacións educativas. A calidade no ensino como conxunto de características do noso servizo educativo prestado que cumpren con aquelas demandas esixidas polos nosos usuarios. Sabemos tamén, que a calidade temos que conseguila entre todas e todos os axentes implicados neste proceso educativo. Non poderá existir un servizo educativo que sexa considerado de calidade mentras existan claras discrepancias entre algúns dos actores ou axentes implicados no proceso de mellora. Tampouco existirá mellora da calidade si non existen datos obxectivos avaliables e medibles para a mellora dos procesos. Se non hai ningún consenso, ou  este é moi baixo, á hora de definir os aspectos ou procesos clave do centro ou se non se fixo, nin se fai, unha autoavaliación real da escola ou centro de ensino, feita dende dentro do mesmo centro.

Resumindo: calidade como prestixio, como excelencia, como acreditación, como contar cos mellores recursos, como bós resultados, como a consecucións dos obxectivos, das finalidades, como a mellora dos procesos, como o traballo ben feito, como adaptación a unha norma de calidade, como ausencia de defectos, como formación e capacitación dos docentes, como liderazgo eficiente, como satisfacción dos usuarios, como autonomía dos centros, como participación da comunidade na xestión, como traballo en equipo, como autoavaliación do sistema, do centro, dos procesos. Unha escola de calidade ten que ser, por tanto, unha escola eficaz, isto é, que alcanza os fins, metas e obxectivos que a comunidade espera dela. Pero un centro ten calidade e funciona ben se é quen de contribuir a compensar as diferenzas debidas a factores socioeconómicos e culturais, compensanción de desigualdades como eficacia, se ten claros os valores e finalidades do centro e, por suposto, se leva a cabo un sistema de procesos clave (sistema de mellora continua) definidos e consensuados para a mellora continua.
En definitiva, moitos e moi variados modos de interpretar un mesmo concepto. Temos necesariamente que consensuar, en primeiro lugar e como paso previo á mellora, a nosa propia definición no noso propio centro.
As escolas e institutos non podemos valorar, non penso que se faga, os nosos resultados dende parámetros económicos e a curto prazo coma se estivéramos a falar dunha empresa adicada ás ventas. Sí debemos analizar os nosos resultados en termos de beneficios sociais para a nosa comunidade e, por suposto, para a sociedade. A calidade no ensino non pode ser, e non é, algo externo ou extrínseco ás escolas, institutos ou universidades. Unha axeitada cultura de calidade  reflectida nun sistema de mellora continua e deseñada no Manual de Calidade do centro, dependerá en grande medida dunha palabra clave que dependerá de todo o persoal da escola: COMPROMISO. Todos nós, como axentes implicados no proceso educativo, debemos poñer da nosa parte día a día, trimestre a trimestre, cara á mellora dos nosos resultados e do servizo educativo que ofertamos. Cultura da calidade que conleva comunicación, traballo en equipo, que non é o mesmo que traballo en grupo, colaboración, motivación e responsabilidade individual e colectiva no proceso de mellora continua.

 

                    

Algúns dos factores que, dende a miña perspectiva, determinan a calidade dos centros son os seguintes: compensación de desigualdades relativas a déficits económicos e socioculturais, sobre todo do alumnado e das familias. Perspectivas de mellora cunha autoavaliación continua da escola ou instituto. Estabilidade laboral das traballadoras e traballores dos centros. Implicación das familias na marcha do centro, participación nos consellos escolares, nas ANPAS, nos documentos determinantes para o funcionamento como PEC, PCC, Manual de Calidade, RRI, etc. Compromiso real coas normas e metas claras, simples e compartidas por toda a comunidade. Establecemento das finalidades  e valores propios do centro. Papel determinante do equipo directivo e implicación real en temas como á mellora da calidade, a organización por procesos clave (ensino e aprendizaxe, matriculación, oferta de ensinanzas, a xestión, coordinación e control, etc). O papel da dirección é clave no funcionamento das escolas e institutos xa que supón unha continua toma de decisións sobre aspectos administrativos, económicos, disciplinarios, etc. A directora ou director debe ser o impulsor ou mediador clave nos centros de ensino. Bó clima de ensino e aprendizaxe, como motor básico de cara á consecución de metas establecidas entre todos. A motivación da comunidade educativa é importante na consecución dos logros e na prevención do fracaso, do estrés e demáis variables psicosociais negativas. Apoio claro das administracións educativa; para innovar e facer cambios é salientabel o papel que debe xogar a inspección e a administración en xeral. Organización eficiente do profesorado; a profesionalidade e o coñecemento claro dos obxectivos que se persiguen no centro conleva eficacia nas nosas funcións. Atención aos dereitos e deberes de todos aqueles axentes implicados no proceso educativo: alumnado, profesorado e familias ademais doutros como concellos ou empresas colaboradoras. Expectativas positivas sobre as posibilidades de mellora do noso centro, achegamento ás innovacións e pouca resistencia aos cambios. Recursos materiais; aulas, laboratorios, talleres, biblioteca e demais para desenvolver o noso papel como profesorado, familias ou alumnado. Gustaríame suliñar que é posible obter unha educación de alta calidade nunha escola con poucos medios xa que é sabido que moita xente moi instruída cursou estudios en escolas rurais sen moitos recursos pero aprenderon a aprender.

Para finalizar, un sistema de mellora continua tense que establecer coa aprobación do claustro e, sempre que se poida, do resto do persoal do centro. Terase que deseñar, documentar, manter e cambiar dacordo sempre aos criterios definidos nos distintos documentos de organización do noso centro, sobre todo no Manual de Calidade e no Proxecto Educativo do Centro. Moi básicamente e dun xeito moi resumido, este sistema de mellora levarase a cabo no centro seguindo unha serie de fases  parecidas as que seguen: identificar aqueles procesos que no nosa escola ou instituto consideramos máis importantes. Determinar as relacións e interacións entre estes procesos e definir  subprocesos. Determinar indicadores, criterios e métodos para controlar que os procesos sexan eficientes. Sinalar a dispoñibilidade de recursos, formación e información necesarias para levar a cabo o sistema. Clarificar os métodos e medios para facer a medición, análise e control de todas as accións determinadas e deseñadas. Puntualizar as medidas e accións necesarias para asegurar os resultados planificados. Determinar os puntos fortes e as áreas de mellora. Potenciar a formación do persoal implicado no tema da avaliación da calidade. Creación dunha comisión interna no instituto e determinación dun responsable de calidade.

A primeira dificultade debería estar vencida, refírome a ter superado  o descoñecemento inicial do que entendemos por calidade no noso centro e  o compromiso firme e sen dúbidas do noso equipo diretivo. A segunda dificultade a vencer é o medo aos cambios, a resistencia ao cambio, que existe en moitos centros de ensino e outras organizacións, unha mellora sistemática da calidade propón e conleva un cambio significativo en  certas pautas de comportamento e conductas que pode que xa estean moi arraigadas nos nosos centros. É dicir, en primeiro lugar imos cuantificar  claramente o esforzo que teremos que facer xunto a incerteza dos resultados. A  terceira das dificultades pode ser o desalento, necesitamos moita constancia ata que no centro poidamos detectar claramente os primeiros cambios e beneficios, que poden tardar pero que sempre chegan. Ás veces teremos a sensación de camiñar un pasiño para diante e outro para atrás e a paciencia e a perseveranza van ser esenciais para non desmoralizarse.

 

BIBLIOGRAFÍA

 

-        GENTO PALACIOS, S. (1996): Instituciones educativas para la calidad total. Madrid, La Muralla.
-        GENTO PALACIOS, S. (1998): Implantación de la calidad total en las instituciones educativas. Madrid, UNED.
-        MARCHESI, A. y MARTÍN, E. (1998): Calidad de la enseñanza en tiempos de cambio. Madrid, Alianza Editorial
-        MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y CIENCIA (1994): Centros Educativos y calidad de  enseñanza. Madrid, MEC.
-        MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y CULTURA (2000): La Educación Secundaria Obligatoria. Situación actual y Perspectivas. Madrid, Secretaría General Técnica.
-        MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE (2001): Modelo Europeo de Excelencia. Madrid, MECD.
-        PÉREZ JUSTE, R. (1998): La Calidad de la Educación Universitaria. En Revista Iberoamericana de Educación a Distancia, Vol. 1, 1, 13-38.
-        PÉREZ JUSTE, R. (Coord.) (2000): La Calidad de la Educación. Madrid, Narcea.
-        PÉREZ JUSTE, R. (1.995): Evaluación de programas educativos y Metodología para la evaluación de programas educativos. Madrid, Universitas.
-        PÉREZ JUSTE, R., MARTÍNEZ MEDIANO, C. y RODRÍGUEZ GÓMEZ, G. (1994): Centros educativos de calidad. Madrid, ITE- CECE.       
-        PÉREZ JUSTE, R., CRISTOBAL MARTÍN,  M. y MARTÍNEZ AZNAR, B. (1995): Evaluación de profesores y reformas educativas. Madrid, UNED.
-        PÉREZ JUSTE, R., GARCÍA LLAMAS, J. L. y MARTÍNEZ MEDIANO, C.  (1995): Evaluación de programas y centros educativos. Madrid, UNED.
-        SEBASTIÁN PÉREZ, M. A. y otros (1998): Gestión y control de calidad, Madrid, UNED.
-         SCHARGEL, F. P. (1996): Cómo transformar la educación a través de la gestión de la calidad total, Madrid, Díaz de Santos.

 

     

 

Sobre el blog

CALIDADE DO ENSINO

BLOG RELACIONADO COA MELLORA DA CALIDADE DO ENSINO E, POR TANTO, CO PROGRESO DAS COMUNIDADES E DA SOCIEDADE DA GALIZA

Ver ficha del blog en OboLog

Login

Comentarios

ARTIGO DE OPINION SOBRE CALIDADE (DiegoBryar)
http://diegobryar.obolog.com/xo Diego B....(26 abr)

Más comentados

ARTIGO DE OPINION SOBRE CALIDADE (1)
CULTURA DE CALIDADE NO ENSINO   “Non nos atrevemos a facer moitas cousas porque son ...

Suscripción

Suscríbete al Feed RSS XML

También puedes suscribirte directamente con alguno de los siguientes enlaces:

  • Suscríbete en Bloglines
  • Suscríbete en Google